Os catorce restaurantes galegos que tiñan Estrelas Michelin consérvanas en 2022 e a eles súmase o Auga e Sal compostelán. O único con dúas estrelas segue sendo o Culler de Pau do Grove. O seu impulsor e chef, Javier Olleros (na imaxe), participou no último episodio do podcast Retrocorenta, producido por Praza.gal e VINTE, compartindo os seus inicios na cociña e a evolución do seu proxecto gastronómico e empresarial, moi ligado á sostibilidade da contorna natural. A listaxe íntegra de restaurantes distinguidos na gala das Estrelas Michelin pódese consultar aquí. O Culler de Pau mantén, ademais, a Estrela Verde á sostibilidade, coa que tamén conta O Balado (Boqueixón).
