🇵🇸 O PP lanza unha campaña contra a Universidade da Coruña por izar a bandeira de Palestina "en sinal de repulsa contra o xenocidio" nos mastros que habitualmente ocupa a bandeira de España no edificio da Reitoría e mais na Vicerreitoría de Ferrol. Os populares manteñen que "ningunha reivindicación xustifica" esta remuda temporal a través dunha acción de pagamento na rede social X que tamén contribuíu a difundir a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, censurándoa como "decisión moi grave e inxustificada". O izado das bandeiras palestinas nestas dúas sedes produciuse hai unha semana e o equipo de goberno da institución académica prevé mantelo "ata a fin das agresións do goberno de Israel sobre o pobo gazatí".
- Cidades e vilas berran na rúa para "non deixar de falar de Palestina ata que sexa libre"
- Trump vende como "histórico" un cesamento do fogo de mínimos en Gaza
- HEMEROTECA | Persoal de bibliotecas pide ás universidades galegas prescindir do software israelí que utilizan
- HEMEROTECA | As universidades galegas comezan a mobilizarse en solidariedade con Palestina