Feijóo inaugura o seu quinto mandato como presidente do PP en Galicia acusando o Goberno de España de "ocuparse só de avaliar canta tenreira comemos ou de falar de Franco, da matria ou de niñes" mentres "o país pensa na pandemia". Afirmouno na primeira reunión do comité de dirección do partido tras a súa elección no congreso da formación. O propio Feijóo, en calidade de presidente da Xunta, utilizou o termo "matria" antes de que o PP, nas últimas semanas, cargase contra a vicepresidenta Yolanda Díaz por empregalo.
