Os bens que os Franco levaron do Pazo de Meirás vendéronse por máis de medio millón de euros na poxa celebrada en Madrid. A familia do ditador fai caixa coas pezas retiradas das Torres malia as críticas da CRMH. A recadación pola venda demáis de 600 obxectos rolda os 530.000 euros. Un maletín do ditador fascista foi adxudicado por 19.000 euros e o maior pago foi por unhas armas de Marrocos, que alcanzaron os 20.000.