📺 Kiro presenta o tráiler do filme que chegará aos cines o 11 de decembro. A película sobre Ana Kiro, dirixida por María Yáñez, celebra a diva galega e a súa relación co público a través de cancións, actuacións e relatos de familiares, artistas e fans que a acompañaron desde Galicia e desde a emigración.
Fálase
Accidente ferroviario mortal en Toledo: colisión entre trens de alta velocidade de Renfe e Iryo na localidade de Urda apenas dez meses despois da traxedia de Adamuz. Arestora os servizos de emerxencia comezan a intervir na zona, con cando menos dous vagóns precipitados por un terraplén, segundo as primeiras informacións, que apuntan a varias persoas falecidas e abondosas feridas.
- 🔴 AO VIVO | Traxedia ferroviaria en Toledo
- HEMEROTECA (Xaneiro) | Traxedia ferroviaria en Andalucía no peor accidente da alta velocidade dende o de Angrois
Navantia Ferrol celebra a botadura da fragata F-112 Roger de Lauria. Trátase do segundo dos cinco buques encomendados pola Armada ao estaleiro estatal con sede en Ferrol. O encargo fora adiado polo Goberno de Rajoy e a compañía pública preveu que os traballos xeren uns 7.000 empregos durante unha década. [Imaxe: © Delegación do Goberno de España en Galicia]
29N Feijóo asegura que o seu "compromiso" é "ter un presidente que nos mitins non baile, non bique a súa parella" e "iso si, que non minta, que non roube e que non marche de vacacións cando invaden o seu país". Nunha entrevista en Onda Cero na que defendeu o seu pacto bipartito con Vox para o Senado, o ex-presidente e candidato do PP á xerais asegura que, se gobernase en España, tampouco vai "sacar unha canción que me guste para que os cidadáns a escoiten" e "dicir aos violentos que a violencia se combate". [Imaxe: Retransmisión Onda Cero]
Rueda anuncia acordos co Estado para recibir competencias en materia de aeródromos e permisos de traballo para estranxeiros. O ministro de Política Territorial, Ángel Víctor Torres, desprazarase a Santiago o 5 de novembro para asinar as transferencias. Na imaxe, Rueda e Torres en 2025 ao transferir competencias sobre o litoral tras 17 anos sen ningunha transferencia.
29N Paulo Carlos López exercerá como voceiro da Fronte Ampla en Galicia e concorrerá ao Senado por Pontevedra como membro da coalición Senado de progreso, que FA comparte co PSOE. López, secretario xeral de Movemento Sumar Galicia, será quen represente a FA nos debates electorais galegos nos que participe, explican nun comunicado. [Imaxe: FA]
Lula da Silva vence na segunda volta das presidenciais brasileiras tras unha histórica remonta fronte ao ultradereitista Flávio Bolsonaro, fillo do encarcerado ex-presidente golpista. Lula encarará o seu cuarto mandato tras imporse co 51,8% de apoio do electorado e máis de catro millóns de votos de diferenza. Máis información, hoxe en Praza.gal.
Fabiola García cesa oficialmente como conselleira de Política Social e Igualdade, aínda que o nomeamento do seu substituto ou substituta non se producirá ata este luns. O DOG deste domingo publica o cesamento de García, que concorrerá ás eleccións ao Congreso do vindeiro 29 de novembro como número 2 do PP pola provincia da Coruña.
Felipe Arias Vilas, novo presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. O patrón fundador da institución foi elixido por unanimidade na asemblea extraordinaria celebrada este sábado. Arias Vilas, que substitúe a Concha Losada, conta cunha ampla traxectoria no ámbito museístico galego. Foi director-conservador do Museo Provincial de Lugo entre 1974 e 1984, dirixiu o Museo do Castro de Viladonga desde a súa creación, en 1983, ata 2014, ano da súa xubilación.
29N | Anova pide o voto para o BNG nas eleccións xerais do 29 de novembro. Nun comunicado, a formación nacionalista fai un chamamento "á participación da cidadanía galega cun voto utilitario antifascista, pedindo o apoio no noso país á candidatura soberanista do BNG". "Ninguén pode quedar na casa cando a propia casa de todas está en perigo", remata o comunicado que sinala que "nun contexto histórico coma este é máis necesario ca nunca apostar pola diversidade e tecer alianzas sociais e políticas na defensa de pan, traballo e teito sen esquecer que os espazos onde non exercemos poden ser ocupados pola negra sombra da longa noite de pedra".