Felipe Arias Vilas, novo presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. O patrón fundador da institución foi elixido por unanimidade na asemblea extraordinaria celebrada este sábado. Arias Vilas, que substitúe a Concha Losada, conta cunha ampla traxectoria no ámbito museístico galego. Foi director-conservador do Museo Provincial de Lugo entre 1974 e 1984, dirixiu o Museo do Castro de Viladonga desde a súa creación, en 1983, ata 2014, ano da súa xubilación.