29N | Pilar Rojo, ex-presidenta do Parlamento e ex-conselleira con Fraga, volve ser candidata do PP ao Senado por Albacete. Quen fora xefa do lexislativo galego de 2009 a 2016, foi senadora por Pontevedra de 2019 a 2023 e nas anteriores xerais o PP xa a presentou como terceira opción na devandita circunscrición de Castela-A Mancha, na que agora recunca, como vén de confirmar a dirección provincial do partido. En 2016 marchou do Parlamento para concorrer ao Congreso pola provincia pontevedresa.
- Feijóo confirma negociacións con Vox para o Senado e a Tellado pola Coruña ao Congreso
- HEMEROTECA (2023) | Feijóo mete nas listas os seus asesores e leva de 2 por Madrid a lucense Rivera de la Cruz, ex de Ciudadanos
- HEMEROTECA (2016) | Pilar Rojo despídese de Galicia cargando contra a separación entre relixión e política