29N | Feijóo confirma negociacións con Vox para buscar unha maioría no Senado que lles dea á dereita e á extrema dereita os 3/5 da Cámara alta. O líder do PP estatal busca que a ultradereita non se presente nalgunhas provincias e traballa nalgunha "fórmula" para compensar a formación de Abascal. "Sería un erro facilitar ao sanchismo o control", explicou nunha entrevista na COPE.