A XLIX edición dos Premios da Crítica de Galicia celebrouse este sábado en Vigo, baixo o lema «É o momento non de cambiar as regras, senón de cambiar de xogo», de Begoña Caamaño. Estes foron os galardoados:
- Premio de Creación Literaria: Un xesto de tenrura, de Gonzalo Hermo
- Premio de Investigación en Ciencia e Tecnoloxía: Antonio Salas Ellacuriaga
- Premio de Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades: Universo Cantigas II. Cantigas de amigo, do equipo interuniversitario coordinado por Manuel Ferreiro
- Premio de Iniciativas Culturais e Científicas: Cabreiros: máis de 25 anos dunha experiencia de cultura colectiva
- Premio de Música: Abraham Cupeiro
- Premio de Artes Plásticas: Mar Caldas
- Premio de Artes Escénicas: Laura Iturralde
- Premio de Cine e Artes Audiovisuais: Beli Martínez
- Premio de Cultura Dixital: o proxecto de comunicación do Real Club Celta de Vigo
- Premio de Cultura Gastronómica: José María Fonseca Moretón