Abel Caballero cifra en máis de 107 millóns de euros o investimento necesario para que Vigo sexa sede do Mundial e pedirá a Xunta e Deputación de Pontevedra que paguen dous terzos da factura.
Abel Caballero cifra en máis de 107 millóns de euros o investimento necesario para que Vigo sexa sede do Mundial e pedirá a Xunta e Deputación de Pontevedra que paguen dous terzos da factura.
29N A voceira parlamentaria do PP proclama que o "sistema actual" de pensións públicas "vai petar" e defende "que o modelo hai que cambialo" con "valentía". Canda esas afirmacións de Ester Muñoz no podcast Quorvm, Feijóo promete no programa de Federico Jiménez Losantos e nun mitin posterior subilas anualmente ao ritmo da inflación "para quen xa as están cobrando" mentres, para "os mozos" futuros pensionistas, un "modelo viable" diferente do actual. Na imaxe, de arquivo, Feijóo e Muñoz con Tellado no Congreso [© PP]
Ampliado o período de "perigo alto" de incendios forestais do 16 ao 31 de outubro "debido ás actuais condicións meteorolóxicas". Medio Rural publica no DOG a ampliación da época con maiores recursos contra o lume, que inicialmente ía rematar o 30 de setembro pero que xa fora ampliada a finais dese mes ata este vernes e agora é novamente estendida ata finais deste mes. [Imaxe de arquivo de CC-BY-SA ATBrif]
O papa padece cancro de pulmón. O Vaticano confirma que na intervención na que a León XIV lle extirparon o lóbulo inferior do pulmón dereito quedou "confirmado o diagnóstico de adenocarcinoma" da que xurdiran sospeitas nas probas do preoperatorio. "A operación foi exitosa e non houbo complicacións", indica o comunicado emitido pola Santa Sé tras a intervención no hospital Gemelli de Roma. O propio pontífice sinalara na véspera da operación que o tumor lle foi detectado nunha "fase moi inicial". Resta saber agora se precisará tratamento oncolóxico tras a recuperación da cirurxía. Na imaxe, o papa durante a súa visita ás Canarias do pasado xuño [© Pool Moncloa]
O expediente á deputada ourensá do PP Ana Vázquez por levar un spray de gas pementa ao Congreso queda nunha reprobación sen suspensión de emprego e soldo por mor do adianto das eleccións xerais. Para aprobar esa sanción cumpría o visto e prace do pleno, que xa non se volve reunir nesta lexislatura por mor da disolución das Cámaras que implica a convocatoria electoral.
Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía 2026. O xurado do galardón concedido polo Ministerio de Cultura destaca a "vixencia e contemporaneidade" do traballo do ferrolán, así como a súa "achega á fotografía artística" e á "renovación cultural galega desde os anos 80"
A CIG rexistra a convocatoria da folga xeral do 11 de novembro baixo o lema "Galiza en loita por unha vida digna" e reclamará a Xunta e Goberno de España "un plan de choque que garanta salarios dignos, acceso á vivenda, emprego estable e servizos públicos de calidade". UGT e CCOO defenden tamén un paro centrado en demandar mellora dos salarios e solucións á crise da vivenda e de prezos.
A Plataforma en Defensa dos Medios Públicos denuncia a "manipulación insoportable" e exixe á dirección da TVG e da Radio Galega "respecto polos principios de veracidade e pluralismo" e a "diferenciación entre información e opinión". O colectivo apoia o chamado do comité de empresa para unha gran mobilización para "rescatar a radiotelevisión pública" en Galicia.
O Tribunal Supremo desestima o recurso presentado pola Avogacía do Estado e decide manter a suspensión cautelar do dereito ao voto nas eleccións xerais do 29N para aquelas persoas que obtiveron a nacionalidade española a través da chamada 'lei de netos'.
A Plataforma Ulloa Viva denuncia a "alarmante falta de auga e o elevado grao de eutrofización" que sofren o río Ulla e mais o encoro de Portodemouros, entre os concellos de Santiso e Agolada, na actualidade. Esta é a localización na que "o proxecto da macrocelulosa de Altri quere captar 46 millóns de litros de auga ao día durante os vindeiros 75 anos", lembran nun comunicado. O río Ulla foi declarado en situación de seca prolongada o pasado mes de setembro pola Consellería do Medio Ambiente.