O expediente á deputada ourensá do PP Ana Vázquez por levar un spray de gas pementa ao Congreso queda nunha reprobación sen suspensión de emprego e soldo por mor do adianto das eleccións xerais. Para aprobar esa sanción cumpría o visto e prace do pleno, que xa non se volve reunir nesta lexislatura por mor da disolución das Cámaras que implica a convocatoria electoral.
Fálase
Vari Caramés, Premio Nacional de Fotografía 2026. O xurado do galardón concedido polo Ministerio de Cultura destaca a "vixencia e contemporaneidade" do traballo do ferrolán, así como a súa "achega á fotografía artística" e á "renovación cultural galega desde os anos 80"
A CIG rexistra a convocatoria da folga xeral do 11 de novembro baixo o lema "Galiza en loita por unha vida digna" e reclamará a Xunta e Goberno de España "un plan de choque que garanta salarios dignos, acceso á vivenda, emprego estable e servizos públicos de calidade". UGT e CCOO defenden tamén un paro centrado en demandar mellora dos salarios e solucións á crise da vivenda e de prezos.
A Plataforma en Defensa dos Medios Públicos denuncia a "manipulación insoportable" e exixe á dirección da TVG e da Radio Galega "respecto polos principios de veracidade e pluralismo" e a "diferenciación entre información e opinión". O colectivo apoia o chamado do comité de empresa para unha gran mobilización para "rescatar a radiotelevisión pública" en Galicia.
O Tribunal Supremo desestima o recurso presentado pola Avogacía do Estado e decide manter a suspensión cautelar do dereito ao voto nas eleccións xerais do 29N para aquelas persoas que obtiveron a nacionalidade española a través da chamada 'lei de netos'.
A Plataforma Ulloa Viva denuncia a "alarmante falta de auga e o elevado grao de eutrofización" que sofren o río Ulla e mais o encoro de Portodemouros, entre os concellos de Santiso e Agolada, na actualidade. Esta é a localización na que "o proxecto da macrocelulosa de Altri quere captar 46 millóns de litros de auga ao día durante os vindeiros 75 anos", lembran nun comunicado. O río Ulla foi declarado en situación de seca prolongada o pasado mes de setembro pola Consellería do Medio Ambiente.
- HEMEROTECA | Ulloa Viva reclama que o arquivo de Altri sexa polo risco ambiental e non só pola falta de conexión eléctrica
- HEMEROTECA | Rueda coñeceu o pacto con Altri pero non como presidente: novo argumento da Xunta para ocultalo
- HEMEROTECA | Altri non: o arquivo do plan para instalarse en Palas vira definitivo
A empresa que opera os helicópteros do 061 entra en preconcurso de acredores tras anos acumulando incumprimentos e sen que a Xunta logre remudala. En abril un concurso público demorado meses polo Goberno galego quedou deserto logo de que varias empresas sospeitasen dun amaño, o que levou a prorrogar á anterior adxudicataria dos helicópteros sanitarios con base en Santiago e Ourense, Eliance, que agora declara preconcurso de acredores.
- HEMEROTECA (17/4/2026) | O 061 non logra mellorar os seus helicópteros, que seguirán en mans dunha empresa con ducias de incumprimentos
- HEMEROTECA (23/2/2026) | Varias empresas sospeitan dun concurso amañado para os helicópteros do 061, que o nega
Ábrese a sala do Museo do Pobo Galego, onde ás 16.00 horas haberá un acto de homenaxe, na que toda a cidadanía galega pode despedir a Xosé Manuel Beiras.
A poeta canadense Anne Carson gaña o Premio Nobel de Literatura 2026 "pola súa obra audaz e enxeñosa que, nun diálogo lúdico coa tradición clásica, creou novas formas para a literatura contemporánea". Máis información, en Praza.gal
O Supremo anula o decreto que endurecía os criterios para crear universidades privadas e garantir proxectos de calidade. O alto tribunal tómbao ao estimar o recurso de Balears por falta de xustificación da súa tramitación urxente, pero non entra a debater o fondo do asunto.