A poeta canadense Anne Carson gaña o Premio Nobel de Literatura 2026 "pola súa obra audaz e enxeñosa que, nun diálogo lúdico coa tradición clásica, creou novas formas para a literatura contemporánea". Máis información, en Praza.gal
A poeta canadense Anne Carson gaña o Premio Nobel de Literatura 2026 "pola súa obra audaz e enxeñosa que, nun diálogo lúdico coa tradición clásica, creou novas formas para a literatura contemporánea". Máis información, en Praza.gal
O Supremo anula o decreto que endurecía os criterios para crear universidades privadas e garantir proxectos de calidade. O alto tribunal tómbao ao estimar o recurso de Balears por falta de xustificación da súa tramitación urxente, pero non entra a debater o fondo do asunto.
Falece Maricarmen, a muller de 87 anos desafiuzada do seu fogar en Madrid, que permanecía ingresada no hospital dende que tivo que marchar á forza da súa vivenda, á que non poderá volver a pesar do acordo que finalmente aceptara a empresa dona do edificio no que residía dende hai setenta anos. O seu caso provocou un movemento social pola crise da vivenda que permanece activo en manifestacións e acampadas como a que continúa no Obradoiro en Santiago, na Porta do Sol en Madrid ou na Praça Catalunya de Barcelona.
O nulo apoio da maioría do Congreso aos decretos de vivenda propostos polo Goberno a raíz da indignación cidadá por este desafiuzamento levaron o presidente Sánchez a adiantar as eleccións xerais ao 29N. Unha indignación que levou aos sindicatos a convocar unha folga xeral para o vindeiro 11 de novembro. [📸 Fotografía de arquivo de Maricarmen © Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Madrid]
Ada Colau perfílase como candidata do Frente Amplio á presidencia do Goberno de España nas eleccións do 29N. A formación Más Madrid propón que a exalcaldesa de Barcelona lidere unha candidatura "coral e confederal", sendo cabeza de lista por Barcelona. Segundo esta proposta, a actual ministra de Sanidade por Sumar, Mónica García, presentaríase como líder na lista electoral de Madrid. [📸 ©Fundación Sentit Comú]
Feijóo pon en dúbida o voto por correo. O líder do PP, que presidiu esa empresa pública durante tres anos, anuncia que pedirá "medidas adicionais" á Xunta Electoral durante un acto de precampaña en Ceuta. O ex-presidente da Xunta xa alimentara as teorías da fraude no voto postal na campaña das eleccións xerais de 2023. "Non confío nos directivos de Correos", di agora.
A folga xeral pola vivenda será o 11 de novembro, data proposta polo Sindicato de Inquilinas e aceptada por CCOO e UGT, segundo adianta El País. A CIG, sindicato maioritario en Galicia, aprobou tamén a convocatoria deste paro de 24 horas.
Aprazada a folga médica indefinida prevista para o vindeiro 28 de outubro "ata que exista un novo goberno" no Estado "con plena capacidade para gobernar". A Unión Médica e Facultativa, que inclúe as organizacións galegas O'Mega e Simega, decide adiar o paro pero asegura que manterá as mobilizacións durante a campaña.
Abre na Coruña o novo Espazo Cultural Manuel María para a promoción da cultura galega, impulsado pola fundación do escritor chairego. O recinto, no Orzán, acollerá concertos, cursos e diversas actividades culturais. O vindeiro 16 de outubro celebrase neste local o concerto De Manuel María a Begoña Caamaño, coa actuación de Uxía, Santi Cribeiro e Sérgio Tannus.
Os sindicatos cualifican de "histórica" a xornada de folga deste pasado martes no ensino concertado e cifran no 65% o seguimento do para para exixir "melloras laborais". O profesorado da escola privada sostida con cartos públicos (convocado por FSIE, UGT, CCOO, USO, SNEP e CIG) pide a súa "homologación salarial" coa rede pública, a redución da carga lectiva ou a regulación da xubilación parcial para todo o persoal.
Alerta laranxa por chuvia esta tarde no interior da provincia da Coruña e no centro e na montaña da de Lugo. As actividades escolares no exterior están suspendidas desde as 15 horas.