Falece Maricarmen, a muller de 87 anos desafiuzada do seu fogar en Madrid, que permanecía ingresada no hospital dende que tivo que marchar á forza da súa vivenda, á que non poderá volver a pesar do acordo que finalmente aceptara a empresa dona do edificio no que residía dende hai setenta anos. O seu caso provocou un movemento social pola crise da vivenda que permanece activo en manifestacións e acampadas como a que continúa no Obradoiro en Santiago, na Porta do Sol en Madrid ou na Praça Catalunya de Barcelona.
O nulo apoio da maioría do Congreso aos decretos de vivenda propostos polo Goberno a raíz da indignación cidadá por este desafiuzamento levaron o presidente Sánchez a adiantar as eleccións xerais ao 29N. Unha indignación que levou aos sindicatos a convocar unha folga xeral para o vindeiro 11 de novembro. [📸 Fotografía de arquivo de Maricarmen © Sindicato de Inquilinas e Inquilinos de Madrid]
CRÓNICA | "Nós preferimos ladrillo", responde Rueda á petición de Pontón e Besteiro de ir alén de construír vivendas
HEMEROTECA | Clamor cidadán polo dereito á vivenda
HEMEROTECA | Manifestacións e acampada no Obradoiro: a protesta pola vivenda non se detén
DATOS | Quen aluga pisos en Galicia? 'Rendismo popular' pero cada vez maior peso das rendas altas
HEMEROTECA | "Todas somos Maricarmen": a mecha da indignación pola vivenda volve prender nas rúas de Galicia