O novo enlace sen peaxe coa Cidade Deportiva do Celta en Mos recibe o permiso ambiental da Xunta, publicado este mércores no DOG. O Goberno galego acordou coa sociedade anónima deportiva controlada pola familia Mouriño dar acceso ao seu proxecto urbanístico desde a autoestrada autonómica AG-57 Vigo-Val Miñor sen cobrar aos vehículos polos dous quilómetros que deben circular por esa vía de peaxe, que si seguirán de pago para o resto de usuarios.
- HEMEROTECA | (15/5/2025) A Xunta quitará a peaxe ás viaxes entre Vigo e a Cidade do Celta a través da súa autoestrada AG-57
- HEMEROTECA | (11/9/2025) Rueda puxo a primeira pedra da cidade deportiva do Celta 12 días antes de ter todos os permisos ambientais
- HEMEROTECA | (24/4/2023) A xustiza fai firme que a cidade deportiva do Celta comezou de xeito ilegal