O pacto na esquerda estatal lógrase só na Comunitat Valenciana e nas Canarias. A pasada noite rematou o prazo para que Frente Amplio e Podemos puideran rexistrar coalicións. Máis información en infoLibre.
O pacto na esquerda estatal lógrase só na Comunitat Valenciana e nas Canarias. A pasada noite rematou o prazo para que Frente Amplio e Podemos puideran rexistrar coalicións. Máis información en infoLibre.
Resoltos os Premios da Cultura do 2026. O xurado dos galardóns impulsados pola Xunta distingue na categoría de Letras a María Solar e en Artes Visuais a Almudena Fernández Fariña. Nas Artes Escénicas o premio é para a compañía Elefante Elegante e en Música, para a Asociación Galega de Empresas Musicais. O Premio da Cultura no eido audiovisual lévao este ano Alfonso Zarauza e o de lingua, Espazo Lectura. O Obradoiro de Gaitas Seivane é recoñecido na categoría de Patrimonio Cultural e o festival EmigraSon, na de Proxección Exterior. Na imaxe, unha edición do festival EmigraSon, en Bruxelas.
↪️PARA SABER MÁIS
29N Pontón, a Feijóo nas xerais: "Que se sacrifiquen eles". A portavoz nacional do BNG resalta que "non sei se por torpeza ou porque os traizoa o subconsciente", o PP "xa está deixando claras as súas intencións, sacrificios aos de sempre: á xente traballadora, á xente moza e aos pensionistas". Se o Bloque, contrapón, dá "un gran salto" nas urnas implicará "que Galiza pese no Estado", a "defensa da xustiza social" e que, ademais, "o PP e Feijóo estean na oposición".
29N Feijóo enfatiza que el é "o candidato" do PP para afirmar que "rematou" a controversia en torno aos plans da dereita para as pensións públicas. Se goberna tras o 29N, afirma, "actualizaranse as pensións conforme ao IPC" e "garantiremos o sistema público de pensións e a súa viabilidade, sen dúbida", subliña despois de que a voceira parlamentaria do partido, Ester Muñoz, proclamase que o "sistema actual" de pensións públicas "vai petar" e "hai que cambialo" con "valentía" e tras indicar o propio ex-presidente que impulsaría un "modelo viable" diferente do actual para "os mozos" futuros pensionistas. Na imaxe, Feijóo este xoves en Bruxelas, nun acto do PP Europeo. [© PP]
O novo enlace sen peaxe coa Cidade Deportiva do Celta en Mos recibe o permiso ambiental da Xunta, publicado este mércores no DOG. O Goberno galego acordou coa sociedade anónima deportiva controlada pola familia Mouriño dar acceso ao seu proxecto urbanístico desde a autoestrada autonómica AG-57 Vigo-Val Miñor sen cobrar aos vehículos polos dous quilómetros que deben circular por esa vía de peaxe, que si seguirán de pago para o resto de usuarios.
Abel Caballero cifra en máis de 107 millóns de euros o investimento necesario para que Vigo sexa sede do Mundial e pedirá a Xunta e Deputación de Pontevedra que paguen dous terzos da factura.
29N A voceira parlamentaria do PP proclama que o "sistema actual" de pensións públicas "vai petar" e defende "que o modelo hai que cambialo" con "valentía". Canda esas afirmacións de Ester Muñoz no podcast Quorvm, Feijóo promete no programa de Federico Jiménez Losantos e nun mitin posterior subilas anualmente ao ritmo da inflación "para quen xa as están cobrando" mentres, para "os mozos" futuros pensionistas, un "modelo viable" diferente do actual. Na imaxe, de arquivo, Feijóo e Muñoz con Tellado no Congreso [© PP]
Ampliado o período de "perigo alto" de incendios forestais do 16 ao 31 de outubro "debido ás actuais condicións meteorolóxicas". Medio Rural publica no DOG a ampliación da época con maiores recursos contra o lume, que inicialmente ía rematar o 30 de setembro pero que xa fora ampliada a finais dese mes ata este vernes e agora é novamente estendida ata finais deste mes. [Imaxe de arquivo de CC-BY-SA ATBrif]
O papa padece cancro de pulmón. O Vaticano confirma que na intervención na que a León XIV lle extirparon o lóbulo inferior do pulmón dereito quedou "confirmado o diagnóstico de adenocarcinoma" da que xurdiran sospeitas nas probas do preoperatorio. "A operación foi exitosa e non houbo complicacións", indica o comunicado emitido pola Santa Sé tras a intervención no hospital Gemelli de Roma. O propio pontífice sinalara na véspera da operación que o tumor lle foi detectado nunha "fase moi inicial". Resta saber agora se precisará tratamento oncolóxico tras a recuperación da cirurxía. Na imaxe, o papa durante a súa visita ás Canarias do pasado xuño [© Pool Moncloa]
O expediente á deputada ourensá do PP Ana Vázquez por levar un spray de gas pementa ao Congreso queda nunha reprobación sen suspensión de emprego e soldo por mor do adianto das eleccións xerais. Para aprobar esa sanción cumpría o visto e prace do pleno, que xa non se volve reunir nesta lexislatura por mor da disolución das Cámaras que implica a convocatoria electoral.