A Coruña xa ten rúa para Os Diplomáticos de Monte Alto. O Concello aproba o cambio da denominación da rúa Alcalde Sanjurjo de Carricarte, que pasará a dedicarse á emblemática banda coruñesa. A proposta será elevada a pleno logo do visto e prace da Comisión de Honras e Distincións, co voto a favor de PSOE e BNG e o voto en contra do PP.