29N Feijóo volve reciclar a fórmula do Contrato con Galicia, agora presentado como Contrato con España, para lanzar diversas promesas cara ás eleccións xerais. O PP estreara este formato en vésperas das eleccións galegas de 2009 e, xa co ex-presidente no seu liderado estatal, reciclouno por primeira vez en 2023 para asegurar que se gobernase en España aplicaría un "plan de calidade institucional". Agora asegura que sintetiza no novo "contrato" o seu proxecto de "reconstrución nacional" con promesas como a "fin do inferno fiscal" ou "garantir o ensino do castelán", así como resolver diversos problemas coma o da vivenda. Na imaxe, Feijóo asinando o seu primeiro "contrato" nun acto do PP en 2009 e o acto celebrado este 19 de outubro. [©PP]
- 📃 DOCUMENTO | O Contrato con España presentado por Feijóo
- A dereita estatal tivo un galego de candidato en 10 das 16 xerais, pero só dúas veces foi presidente
- HEMEROTECA | Os 'contratos' de Feijóo: da "austeridade" ás teimas da internacional reaccionaria
- HEMEROTECA | Feijóo tamén recicla o 'Contrato con Galicia' e volve cuestionar o sistema electoral dos concellos