29N | Anova pide o voto para o BNG nas eleccións xerais do 29 de novembro. Nun comunicado, a formación nacionalista fai un chamamento "á participación da cidadanía galega cun voto utilitario antifascista, pedindo o apoio no noso país á candidatura soberanista do BNG". "Ninguén pode quedar na casa cando a propia casa de todas está en perigo", remata o comunicado que sinala que "nun contexto histórico coma este é máis necesario ca nunca apostar pola diversidade e tecer alianzas sociais e políticas na defensa de pan, traballo e teito sen esquecer que os espazos onde non exercemos poden ser ocupados pola negra sombra da longa noite de pedra".