Un pescador falecido en Monteferro (Nigrán). Estaba desaparecido desde esta mañá e varios equipos de emerxencias estaban tratando de localizalo, pero unha embarcación da Garda Civil achou o seu corpo na tarde deste xoves próximo á costa en Monteferro, segundo informa o 112 Galicia. O cadáver foi trasladado ao porto de Baiona [na imaxe CC-BY-SA Concello de Baiona].
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/parroquia-baiona-bc13da7.jpeg)