O Supremo condena a Manuel Fernández de Sousa-Faro, ex-presidente de Pescanova, a 6 anos de cadea. Son dous menos dos que lle impuxera a Audiencia Nacional.

O Supremo condena a Manuel Fernández de Sousa-Faro, ex-presidente de Pescanova, a 6 anos de cadea. Son dous menos dos que lle impuxera a Audiencia Nacional.
IPC | O incremento anual dos prezos comezou 2023 en Galicia no 6,4%. O dato de xaneiro é o mesmo que o de decembro de 2022 e está cinco décimas por riba da media estatal, que comezou o ano no 5,9%, dúas décimas máis que no mes anterior, sobre todo pola fin do desconto xeral de 20 céntimos para os combustibles. Mentres, a variación do IPC interanual dos alimentos situouse en xaneiro en Galicia no 15,7% (nove décimas menos que en decembro), mentres que o dato medio estatal está no 15,5% (dúas décimas menos).
O Consello de Ministros aproba a suba do Salario Mínimo Interprofesional un 8%, ata 1.080 euros mensuais en 14 pagas, con efecto retroactivo dende o 1 de xaneiro. A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, subliña que o incremento beneficia directamente uns 2,5 millóns de persoas traballadoras. O SMI, subliña o Goberno de España, aumentou un 47% nos últimos catro anos, o que implica "cumprir co compromiso" do PSOE e Unidas Podemos de "acadar cando menos o 60% do salario medio antes da fin da lexislatura".
Máis dun cento de centros educativos de Galicia e do norte de Portugal celebran o Día da Radio con Ponte nas Ondas. Arredor de 2.000 estudantes realizaron unhas 15 horas de radio dende diferentes centros de ensino e emisoras; estudios das universidades de Santiago, Vigo e do Minho (Braga) e varios colexios ou instalacións das radios locais de Caminha, Tui, A Estrada, Fene, Burela ou As Nogais acolleron as emisións dos traballos, que se recompilan no portal de Escolas nas Ondas. Na imaxe, escolares na actividade de Ponte nas Ondas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, este 13 de febreiro.
Rueda afirma dende a Feira do Cocido de Lalín que a manifestación de SOS Sanidade Pública foi un intento de "crispar" que ve "clarisimamente" ligado ás vindeiras eleccións municipais. Como en días anteriores, o presidente da Xunta asegurou "respectar" a quen "pide melloras para a sanidade", pero coida que a mobilización ten de fondo motivos non ligados á cuestión.
Comeza nestes momentos en Compostela a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en defensa da Atención Primaria e do sistema sanitario público. Toda a información, este mediodía en Praza.gal
La Voz de Galicia publica unha nova entrega da súa sondaxe para as eleccións municipais de maio nas sete cidades galegas, con poucos cambios en relación á publicada en decembro. Mentres que os triunfos do PSdeG en Vigo, A Coruña e Compostela e do BNG en Pontevedra semellan claros, o PP podería facerse coa Alcaldía de Ferrol de forma axustada, cunha grande igualdade tamén en Lugo, con maioría para a esquerda. En Ourense, PP e PSdeG presentan un empate técnico
Luís Zahera gaña o Goya ao mellor actor de reparto por As Bestas. É o segundo Goya que obtén o actor compostelán, despois do que recibiu en 2019 por El Reino.
Un día antes da manifestación pola sanidade pública convocada para este domingo en Compostela, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda destacou "o importante esforzo económico e organizativo do Goberno galego" e "o indispensable papel dos médicos" para "consolidar e seguir mellorando o magnífico nivel da sanidade pública galega en todos os eidos”
A celebración do Día dos Medios en Galego culminou este xoves co concerto de Ortiga e Grande Amore na compostelá Sala Capitol, organizado pola Asociación de Medios en Galego e con todos os convites esgotados. Vídeo elaborado pola AMEGA, da que Praza.gal é membro.