Feijóo sentencia que TVE "xa non é unha televisión pública", senón "un aparello propagandístico impúdico que acantoa a todos os bos profesionais que alí traballan" e "xa non informan, simplemente propagan". O colectivo Defende a Galega de persoal dos medios públicos galegos coida que "ao tentar describir RTVE", o ex-presidente e actual líder do PP "estaba, en realidade, retratando a súa propia obra na TVG e na Radio Galega". Na imaxe, as declaracións de Feijóo recollidas por Televisión Española.
- HEMEROTECA | Segunda dirección dos medios públicos do PP dende 2009 tras trece anos a esquivar a lei
- HEMEROTECA | A dirección da CRTVG pasou pola lei, pero non á inversa
- HEMEROTECA | Galicia non terá a autoridade audiovisual independente que esixe a UE
- HEMEROTECA | A secretaria de Medios da Xunta de Feijóo fiscaliza agora a RTVE con máis dun milleiro de preguntas
