Transición Ecolóxica recoñece o Laboratorio Ecosocial do Barbanza como unha das 39 iniciativas "exemplares" na execución dos fondos europeos de recuperación. O proxecto, seleccionado entre máis de 1.000 accións de todo o Estado, está impulsado pola Fundación RIA xunto ás universidade de Santiago e Pablo de Olavide, a Plataforma pola Defensa do Monte, a Fundación Montescola e o Concello de Rianxo, traballa coas comunidades de montes do Barbanza "para poñer en valor modelos de gobernanza comunitaria e explorar alternativas de futuro fronte ao abandono das actividades produtivas, a perda de biodiversidade e o risco de incendios forestais". O vindeiro outubro a Casa RIA, en Santiago, abrirá unha exposición e un programa de actividades para divulgar o traballo do Laboratorio.
- 145.000 hectáreas ardidas e un propósito: "Pensar nun futuro sen incendios"
- HEMEROTECA | Fundación RIA, a iniciativa do Premio Pritzker David Chipperfield para redeseñar o modelo territorial de Galicia
- HEMEROTECA | "Na cultura labrega hai coñecementos moi valiosos para o manexo do territorio e para construír futuros máis sustentables"
