O PSdeG esixe desculpas do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, por mandar calar á deputada socialista Patricia Iglesias nunha reunión informal con funcionariado da Xunta que protestaba no Parlamento.

O PSdeG esixe desculpas do conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, por mandar calar á deputada socialista Patricia Iglesias nunha reunión informal con funcionariado da Xunta que protestaba no Parlamento.
O BNG critica o "veto" do PP á proposta de declaración institucional do Parlamento contra o xenocidio do pobo palestino. A formación nacionalista sinala que o PP "nin se molestou en responder" ao documento remitido na procura da unanimidade da Cámara. Un texto de "condena" do xenocidio, en defensa da "soberanía do pobo palestino" que denuncia a "inacción da comunidade internacional" e a "pasividade" da UE para tamén amosar "solidariedade" coas persoas que están a participar en actos de denuncia fronte ao xenocidio. "Que é o que ten que pasar para que o Partido Popular condene o Estado xenocida de Israel?", pregúntase a viceportavoz parlamentaria do Bloque, Olalla Rodil. [📸 © BNG Vigo]
O Goberno de España prevé catro áreas de tren de proximidade en Galicia: Vigo, A Coruña, eixo atlántico e outra interior. Así o anunciou o ministro de Transportes, Óscar Puente, que anunciou catro zonas "principais" para esta rede ferroviaria e outra "complementaria" para o antigo FEVE no norte. O estudo de análise para traer o tren de proximidade en Galicia prevé estar rematado axiña, segundo anunciou o ministro en resposta a unha interpelación realizada por Néstor Rego (BNG), que insta a que se "cumpran os prazos" e se poña en marcha o servizo "antes de rematar a lexislatura".
A etapa da Vuelta en Galicia finaliza a 8 quilómetros da meta por mor das protestas contra o xenocidio de Israel en Palestina.
Israel lanza un bombardeo en Qatar contra os dirixentes de Hamas que se atopaban en Doha para debater a proposta de alto o fogo realizada por Trump. Imaxe: Al Jazeera
O anteproxecto da nova Lei do Tabaco amplía a prohibición de fumar a espazos como parques infantís, zonas culturais e deportivas, terrazas hostaleiras ou estacións de transporte, entre outras instalacións, ademais de equiparar a normativa. O texto, que inicia trámite tras ser aprobado este martes no Consello de Ministros, equipara as restricións para cigarros tradicionais aos electrónicos e veta o consumo a menores de idade. Na imaxe, a ministra de Sanidade, Mónica García, presentando o anteproxecto.
Un grupo de operarios tapou con pintura negra algunhas das bandeiras palestinas que nas últimas horas foran debuxadas na suba final ao Castro de Herville (Mos) da 16ª etapa da Vuelta a España. O presidente da Deputación de Pontevedra pediu publicamente evitar as mobilizacións contra a participación do equipo Israel na carreira. Imaxe: @Fran_Bragado
O Supremo envía a xuízo ao fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz. O alto tribunal imponlle unha fianza de 150.000 euros pero rexeita a petición dalgunhas acusacións para que sexa suspendido cautelarmente.
O presidente da Deputación de Pontevedra pide evitar as mobilizacións contra a participación do equipo Israel na Vuelta Ciclista a España malia "entender a preocupación ante o drama de Gaza". Horas antes da etapa da carreira que este martes se celebra na provincia co apoio da institución provincial, Luis López (PP) divulga un vídeo nas redes sociais no que pide que os protagonistas sexan "só a carreira e os ciclistas", afirma que "hoxe é Gaza onte era outro problema e mañá será calquera outro porque o que importa en realidade é axitar sempre unha pancarta" e agrega a petieción de que "todos os partidos, nomeadamente o Bloque, empreguen a súa voz para manifestarse a favor da seguridade na carreira e evitar as imaxes dos últimos días".
A Xunta dá por controlado o incendio iniciado o pasado sábado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) tras arrasar unhas 850 hectáreas. O lugar sufriu xa un dos peores incendios do mes de agosto, que ameazou o valioso teixadal de Casaio e queimou o espazo de especial conservación e protección da Rede Natura de Pena Trevinca. Imaxe: Incendios Galicia.