O Supremo envía a xuízo ao fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz. O alto tribunal imponlle unha fianza de 150.000 euros pero rexeita a petición dalgunhas acusacións para que sexa suspendido cautelarmente.

O Supremo envía a xuízo ao fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz. O alto tribunal imponlle unha fianza de 150.000 euros pero rexeita a petición dalgunhas acusacións para que sexa suspendido cautelarmente.
O presidente da Deputación de Pontevedra pide evitar as mobilizacións contra a participación do equipo Israel na Vuelta Ciclista a España malia "entender a preocupación ante o drama de Gaza". Horas antes da etapa da carreira que este martes se celebra na provincia co apoio da institución provincial, Luis López (PP) divulga un vídeo nas redes sociais no que pide que os protagonistas sexan "só a carreira e os ciclistas", afirma que "hoxe é Gaza onte era outro problema e mañá será calquera outro porque o que importa en realidade é axitar sempre unha pancarta" e agrega a petieción de que "todos os partidos, nomeadamente o Bloque, empreguen a súa voz para manifestarse a favor da seguridade na carreira e evitar as imaxes dos últimos días".
A Xunta dá por controlado o incendio iniciado o pasado sábado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) tras arrasar unhas 850 hectáreas. O lugar sufriu xa un dos peores incendios do mes de agosto, que ameazou o valioso teixadal de Casaio e queimou o espazo de especial conservación e protección da Rede Natura de Pena Trevinca. Imaxe: Incendios Galicia.
O primeiro ministro de Francia, François Bayrou, perde a moción de confianza e terá que dimitir xunto co seu goberno tras só nove meses no cargo. O presidente Macron deberá decidir agora se busca un novo primeiro ministro ou convoca eleccións. Foto: CC BY Jacques Paquier
A poeta ourensá Miriam Reyes gaña o Premio Nacional de Poesía 2025, que outorga o Ministerio de Cultura, e que nas últimas edicións premiou a Chus Pato e Yolanda Castaño. O xurado escolleu o seu poemario Con, publicado pola editorial La Bella Varsovia, porque "participa da conversación pública no que respecta ás posibilidades dos vínculos". "O compás da obra céntrase nas dimensións da relación co outro. E faino desde unha intelixencia lingüística que pensa e conmove, mentres escribe, desde a nudez da conciencia e do corpo", salientan.
Pedro Sánchez anuncia a prohibición de venda de armas a Israel e outras oito medidas para deter o "xenocidio" en Gaza. Tamén queda prohibida a escala en portos do Estado español ou o paso polo espazo aéreo de barcos ou avións que transporten armas ou combustible para o exército israelí.
🇵🇸Unha trintena de vilas e cidades galegas acollen este serán mobilizacións contra o xenocidio de Israel en Gaza e en solidariedade co pobo palestino. As protestas están convocadas pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina.
Un incendio iniciado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) arrasou xa 850 hectáreas, aínda que dende a Consellería de Medio Rural indícase que "evoluciona favorablemente cara a súa estabilización". O lume orixinouse ás 14.56 horas deste sábado e os traballos de control e extinción están a ser dificultadas polas fortes rachas de vento que se rexistran na zona. O lugar sufriu xa un dos peores incendios do mes de agosto, que ameazou o valioso teixadal de Casaio e queimou o espazo de especial conservación e protección da Rede Natura de Pena Trevinca. Imaxe: BRIF Tabuyo.
Estas son as convocatorias das protestas galegas contra a participación do equipo Israel Premier-Tech na Vuelta a España, que este domingo entra en Galicia. As mobilizacións impulsadas pola Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina terán lugar en Fonsagrada, Sarria e Monforte este domingo; en Poio, Pontevedra, Soutomaior, Alto da Groba, Tui e Mos o martes; e O Barco, o mércores, co obxectivo para visibilizar ao paso dos corredores o rexeitamento ao xenocidio que Israel leva a cabo en Gaza e a acción de branqueamento do réxime israelí levada a cabo polo equipo.
Prisión provisional sen fianza para o investigado polo asasinato dunha traballadora de axuda no fogar no Porriño o pasado xullo. A medida "terá que executarse nun módulo terapéutico ou institución análoga", explica o TSXG. O home, marido da muller á que atendía a traballadora asasinada, fora ingresado na unidade de saúde mental do hospital de Vigo tras os feitos. [Imaxe: CIG]