A poeta ourensá Miriam Reyes gaña o Premio Nacional de Poesía 2025, que outorga o Ministerio de Cultura, e que nas últimas edicións premiou a Chus Pato e Yolanda Castaño. O xurado escolleu o seu poemario Con, publicado pola editorial La Bella Varsovia, porque "participa da conversación pública no que respecta ás posibilidades dos vínculos". "O compás da obra céntrase nas dimensións da relación co outro. E faino desde unha intelixencia lingüística que pensa e conmove, mentres escribe, desde a nudez da conciencia e do corpo", salientan.
