"A canción do verán chega en setembro": da primeira colaboración entre De Ninghures e Ortiga nace Rosalinda, unha "peza bailable e luminosa, na que o amor fía e reborda cada compás". No campo da festa, explican, "conflúen os elementos máis recoñecibles" das "raíñas das feiras e o rei das verbenas": "O estilo de Ortiga e a organicidade dos instrumentos de De Ninghures -incluíndo algunha melodía tradicional- son parte dunha fermosa canción que se pecha cun pasodobre do gaiteiro santiagués Juan Bello Mallou e as palabras da súa compañeira, Mercedes Segade, falando do seu amor". O tema xa está dispoñible en todas as plataformas.
- 🟪🟧🟦EN VINTE | ENTREVISTA | De Ninghures: «A nosa música axuda a que a xente diga "que guapa é a miña cultura"»
- ENTREVISTA | Ortiga: "Encántame facer música e o que intento é liala o máximo posible, que sexa o máis épico"