Feijóo di que non se poden combater os incendios desde o "fanatismo ideolóxico" senón preguntando á xente "nas vilas de España". O ex-presidente da Xunta criticou este domingo no comezo do curso político do PP en Cerdedo-Cotobade que no Goberno de España "cren que saben máis de montes" que a veciñanza que vive ao seu carón.
