A plataforma 'Por un monte galego con futuro' convoca unha manifestación o 14 de setembro en Santiago para esixir "medidas que eviten outra vaga de lumes" e para reclamar "un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios". A marcha, que partirá ás 12 horas da Alameda, está convocada polo medio cento de asociacións, colectivos e organizacións que forman parte da entidade, entre elas Adega, CIG, ORGACCMM, SLG, Fruga, APDR ou Amigos da Terra.
