Xa son seis os feridos graves na vaga de incendios en Galicia ao sumarse dous militares que tiveron un accidente de tráfico este martes na A-52 aos catro brigadistas con queimaduras rexistrados nas dúas pasadas semanas.

Xa son seis os feridos graves na vaga de incendios en Galicia ao sumarse dous militares que tiveron un accidente de tráfico este martes na A-52 aos catro brigadistas con queimaduras rexistrados nas dúas pasadas semanas.
Rueda anuncia a desactivación da Situación 2 polo risco dos incendios que estaba vixente en toda a provincia de Ourense desde o martes 12 de agosto, hai dúas semanas.
O Consello de Ministros declara zonas catastróficas as afectadas polos incendios deste verán e o xoves está previsto que os Reis visiten concellos afectados en Galicia. A declaración de zona catastrófica permite axilizar axudas directas ou exencións fiscais. O venres está previsto que a Xunta aprobe as súas primeiras axudas.
Feijóo propón un "rexistro nacional de pirómanos" dentro dun plan estatal de 12 páxinas e 50 medidas contra os incendios.
Este luns son soterrados en Culleredo os corpos recuperados hai un ano de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, guerrilleiros antifranquistas caídos en 1952. Na imaxe, lugar do cemiterio de Visantoña, en Mesía, no que foron soterrados nunha foxa común.
Nas fins de semana de agosto Praza.gal non actualiza as súas informacións por descanso do persoal, pero nesta ocasión e ante o extraordinario da crise de incendios divulgamos os datos oficiais. Tamén vos deixamos moitas outras pezas para lerdes e o luns estamos de volta.
BNG e PSdeG acordan unha moción de censura en Viana do Bolo para apartar o PP da alcaldía, que ocupaba en minoría. Neste caso a censura non se apoia en concelleiros tránsfugas, o que vén de facilitar, tras unha recente sentenza do Tribunal Constitucional, diversas mudanzas que levaron ao PP a perder Noia e gañar Forcarei, Touro e Fisterra.
Rueda asegura ser "optimista" ante a evolución dos incendios e que a Xunta traballa nun "plan de desescalada". Na súa visita ao Posto de Mando Avanzado de Quiroga, o presidente galego aclara que hai cinco incendios aínda sen control en Galicia.
Un vídeo amosa a destrución provocada polos incendios en varias parroquias de Vilamartín de Valdeorras. As imaxes aéreas, gravadas pola Garda Civil, mostra moreas de casas arrasadas polo lume en San Vicente de Leira ou Cernego.
Os incendios na provincia de Ourense captados polo satélite Sentinel 2, imaxe destacada polo programa Copernicus da UE, que advirte dos fogos masivos que afectan o noroeste da Península e da activación dun servizo especial de mapas pola emerxencia. Foto: © European Union, Copernicus Sentinel-2