Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.

Nas fins de semana de agosto Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixámosvos moito para lerdes e o luns estamos de volta.
Rescatados os 11 tripulantes dun pesqueiro galego afundido a 150 millas ao leste de Azores. Salvamento marítimo informa de que os 11 tripulantes do Nuevo Salmón foron rescatados en bo estado por un mercante e trasladados en helicóptero ata as illas.
A OTAN di que o gasto militar de España xa é do 2% do PIB. Un informe da alianza sinala que se en 2014 o gasto en defensa era do 0,92% do PBI, agora xa se acada o obxectivo fixado naquel ano.
Os Reis visitaron este xoves zonas afectadas polos incendios na contorna de Verín. Acompañados polo presidente Rueda e a ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, tamén coñeceron o centro de coordinación do distrito forestal.[Foto: Casa Real]
A plataforma 'Por un monte galego con futuro' convoca unha manifestación o 14 de setembro en Santiago para esixir "medidas que eviten outra vaga de lumes" e para reclamar "un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios". A marcha, que partirá ás 12 horas da Alameda, está convocada polo medio cento de asociacións, colectivos e organizacións que forman parte da entidade, entre elas Adega, CIG, ORGACCMM, SLG, Fruga, APDR ou Amigos da Terra.
Besteiro anuncia que o Goberno de España iniciará a vindeira semana os expedientes para declarar o Pazo de Meirás e a Illa de San Simón como Lugares de Memoria Histórica. O secretario xeral do PSdeG salienta que esta declaración, prevista na Lei de Memoria Democrática e á que se comprometera o Executivo de Pedro Sánchez, é un paso para "combater o esquecemento, o negacionismo e os discursos do odio e dignificar a memoria das vítimas do franquismo".
HEMEROTECA | Meirás e San Simón, protexidos como 'lugares de Memoria Democrática' a partir de agosto
A eurodeputada do BNG Ana Miranda solicita que o próximo pleno da Eurocámara, que terá lugar entre o 8 e o 12 de setembro en Estrasburgo, debata a vaga de lumes que leva arrasadas 96.700 hectáreas no que vai de ano en Galicia. A través do grupo parlamentario Verdes-ALE- pide abordar "as carencias na falta de prevención e nas estratexias de resposta" a esta situación. Ademais, remitiu sendas cartas aos comisarios europeos con responsabilidades nesta materia instándoos a visitar as zonas máis afectadas do noso país.
DATOS | O lume arrasa máis hectáreas que en 2006 en 6.500 incendios menos
ANÁLISE | A alerta non foi abondo: Galicia bate co lume incontrolable malia anos de avisos
O PP presenta unha moción de censura en Carral apoiada en dous ex-concelleiros de Alternativa dos Veciños. Será a quinta moción de censura en Galicia tras a recente sentenza do Tribunal Constitucional que as volve permitir apoiadas en concelleiros tránsfugas. Xunto con Carral o PP xa obtivo Forcarei, Touro e Fisterra, pero perdeu Noia. Ademais destas, en Viana do Bolo BNG e PSdeG veñen de acordar outra moción de censura contra o PP pero nese caso sen concelleiros tránsfugas.
Xa son seis os feridos graves na vaga de incendios en Galicia ao sumarse dous militares que tiveron un accidente de tráfico este martes na A-52 aos catro brigadistas con queimaduras rexistrados nas dúas pasadas semanas.
Rueda anuncia a desactivación da Situación 2 polo risco dos incendios que estaba vixente en toda a provincia de Ourense desde o martes 12 de agosto, hai dúas semanas.