Ryanair pecha a súa base en Santiago dende outubro "coa retirada de dúas aeronaves" e "cesa operacións en Vigo" a partir de xaneiro de 2026. A aeroliña de baixo custo irlandesa atribúe a decisión, nun contexto de caída da demanda de billetes de avión polo impulso da alta velocidade ferroviaria, ás "taxas excesivas" de AENA, o xestor da rede aeroportuaria. A decisión implica o peche de "nove rutas a cidades como Boloña, Madrid e Milán" e "a redución de frecuencias" cara a Lanzarote, Sevilla, Tenerife e Valencia, indica nun comunicado. Na imaxe, o aeroporto compostelán. [©Aena]
