O Goberno de España aproba o anteproxecto de lei para asumir ata 83.252 millóns de euros da débeda das autonomías que o pidan, 4.010 deles de Galicia. O presidente da Xunta, en liña coa dirección do PP, vén reiterando o seu rexeitamento a esta medida, que descualifica como un "mal negocio" que Galicia "non necesita" e "non soluciona nada", cre Alfonso Rueda. Tanto o BNG coma o PSdeG instan o Goberno galego a aceptar a medida e os soberanistas subliñan que esa condonación é parte do acordo que Bloque e PSOE asinaron para a investidura de Pedro Sánchez. Na imaxe, Rueda recibido por Sánchez na Moncloa en 2024. [CC-BY-SA Xunta]
- HEMEROTECA | Rueda alega que Galicia "non necesita" que o Estado lle pague 1 de cada 3 euros da débeda
- HEMEROTECA | O Goberno de España ofrece asumir un terzo da débeda galega e Rueda retruca que "non soluciona nada"
- HEMEROTECA | O PP forza que o Parlamento esixa fondos para escolas infantís ao Estado tras devolverlle 22 millóns
- HEMEROTECA | Feijóo garante que Rueda non negociará o financiamento de Galicia de xeito bilateral co Estado
