A Secretaría de Estado de Memoria Democrática inicia o proceso para declarar o Pazo de Meirás Lugar de Memoria Democrática. O BOE publica este martes o acordo de incoación do procedemento e este mércores fará o mesmo co da Illa de San Simón. O Pazo de Meirás acolle este martes ao mediodía un acto no que participan o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a comisionada para a celebración do programa 50 años en Liberdade, Carmina Gustrán.
