En marcha o proceso para declarar a Illa de San Simón como Lugar de Memoria Democrática. Cadrando coa publicación no BOE, este mércores, o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, visitará o que fora utilizado polos golpistas como campo de concentración canda a comisionada para o programa 50 anos de España en Liberdade, Carmina Gustrán; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e outros cargos. Fano ao día seguinte de que principiase o mesmo proceso para o Pazo de Meirás. Na imaxe, monólito en San Simón en homenaxe ás vítimas dos franquistas, instalado pola Xunta na etapa do Goberno de coalición PSdeG-BNG durante as conmemoracións de 2006 como Ano da Memoria.
- AMPLIAMOS 👉 A declaración de San Simón como Lugar de Memoria, un "acto de xustiza e reparación" aos centos de mortos na illa
- O Pazo de Meirás, símbolo do poder e do espolio da ditadura, vira en Lugar de Memoria Democrática
- HEMEROTECA | Centos de mortes de prisioneiros dos golpistas documentadas en San Simón mentres o PP non ten "constancia"
- HEMEROTECA | “Que San Simón, a illa dos poetas, fose tamén un campo de concentración é algo demasiado brutal”
- 🟪 EN VINTE | Horror no paraíso. Cine contra o esquecemento en ‘San Simón’
