Os filmes Sirat, de Oliver Laxe, e Romería, de Carla Simón, están preseleccionados pola Academia de Cine para representar a España nos Premios Oscar. A Academia Galega do Audiovisual vén de anunciar este "novo fito para o audiovisual galego". Ambas tiveron a súa presentación no Festival de Cannes, onde Sirat levou o premio do xurado. Romería, rodada na zona de Vigo e coa participación de actores e actrices galegas, chega ás salas de cinema este venres. [📸 @pacrispa / CC-BY-SA Praza.gal]
- ENTREVISTA | Carla Simón: "A xeración dos meus pais foi a que nos levou a onde estamos agora a través de rachar con todo o anterior"
- ENTREVISTA | Llúcia Garcia e Mitch: "É moi complicado non romantizar unha etapa cunha explosión de liberdade como a de 'Romería"
- REPORTAXE | Oliver Laxe: "O cinema segue sendo un espazo onde experimentar cousas fortes que xa non experimentamos na vida"
