Cristina Lombao, veterana xornalista da Radio Galega, será a pregoeira do San Froilán 2025. A Comisión de Festas do Concello de Lugo deu o visto e prace á súa elección e mais á de Branca Villares para realizar a tradicional homenaxe a Rosalía de Castro no Domingo das Mozas. Maite Ferreiro, edil de Cultura, destaca a elección de Cristina Lombao "como recoñecemento a unha das voces máis relevantes da historia da radio en Galiza" e a de Branca Villares polo seu intenso labor "na recuperación da música tradicional, especialmente de Lugo". As festas do San Froilán celébranse do 4 ao 12 de outubro.
