O socialista Germán García-Ávila, novo alcalde de Viana do Bolo tras saír adiante a moción de censura formulada polo BNG (3 edís) e PSdeG (3 edís) contra o ata agora rexedor do PP, que gobernaba en minoría (5 edís) por ausencia de acordo entre as dúas formacións da esquerda. García-Ávila será remudado na alcaldía polo Bloque o 18 de agosto de 2026 ata a fin do mandato. O novo rexedor promete unha xestión "responsable e transparente" e detalla que a Xunta de Goberno Local estará integrada por catro edís, dous socialistas e dous nacionalistas.
- HEMEROTECA | O PP gañará dúas novas alcaldías con mocións de censura pero perderá Noia
- HEMEROTECA | Mocións de censura e dimisións outórganlle ao PP cinco novas alcaldías no ecuador do mandato municipal
- HEMEROTECA (2020) | Segunda moción de censura tras o 12X impulsada polo PP de Ourense e tránsfugas, agora en Viana do Bolo
