Un incendio iniciado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) arrasou xa 850 hectáreas, aínda que dende a Consellería de Medio Rural indícase que "evoluciona favorablemente cara a súa estabilización". O lume orixinouse ás 14.56 horas deste sábado e os traballos de control e extinción están a ser dificultadas polas fortes rachas de vento que se rexistran na zona. O lugar sufriu xa un dos peores incendios do mes de agosto, que ameazou o valioso teixadal de Casaio e queimou o espazo de especial conservación e protección da Rede Natura de Pena Trevinca. Imaxe: BRIF Tabuyo.
