Julio Abalde, novo subdelegado do Goberno de España na Coruña en substitución de María Rivas, que anuncia unha "nova etapa no Concello da Coruña" incorporándose "ao proxecto de presente e futuro da alcaldesa". O que fora reitor da Universidade da Coruña deixa así o seu escano no Parlamento, que por lista corresponde ocupar a quen foi número 4 do PSdeG nas eleccións galegas na provincia coruñesa, Aitor Bouza, tamén secretario xeral do partido en Santiago.
