O presidente da Deputación de Pontevedra pide evitar as mobilizacións contra a participación do equipo Israel na Vuelta Ciclista a España malia "entender a preocupación ante o drama de Gaza". Horas antes da etapa da carreira que este martes se celebra na provincia co apoio da institución provincial, Luis López (PP) divulga un vídeo nas redes sociais no que pide que os protagonistas sexan "só a carreira e os ciclistas", afirma que "hoxe é Gaza onte era outro problema e mañá será calquera outro porque o que importa en realidade é axitar sempre unha pancarta" e agrega a petieción de que "todos os partidos, nomeadamente o Bloque, empreguen a súa voz para manifestarse a favor da seguridade na carreira e evitar as imaxes dos últimos días".
