Refachos de case 140 km/h na Mariña e fortes chuvias que irán a máis durante as vindeiras horas polo paso do temporal Éowyn por Galicia. En Viveiro, dúas mulleres resultaron feridas logo do impacto dun quiosco metálico desprazado polo vento.

Refachos de case 140 km/h na Mariña e fortes chuvias que irán a máis durante as vindeiras horas polo paso do temporal Éowyn por Galicia. En Viveiro, dúas mulleres resultaron feridas logo do impacto dun quiosco metálico desprazado polo vento.
A Xunta suspende a actividade deportiva federada no exterior en varios concellos pola alerta laranxa por vento que afecta Galicia. Varios municipios pecharon xa parques e praias e prohibiron tamén as actividades deportivas ao aire libre.
A Fiscalía pide tres anos de prisión e 18 de inhabilitación para o alcalde de Sada, Benito Portela. Acúsao de non tramitar multas a locais de hostalería e reclama tamén tres anos de cadea para a concelleira de Seguridade. Os dous defenden a súa inocencia.
A Xunta activa a alerta laranxa no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra. Desde este venres, 24 de xaneiro, os ventos serán intensos (forza 8) e as ondas poden acadar os seis metros de altura. Segundo informa a Aemet, o fenómeno meterolóxico adverso costeiro se sentirá con menos intensidade en Lugo, onde o nivel de alerta será amarelo.
Altri merca a Greenalia as súas divisións de compra de madeira a propietarios forestais (Greenalia Forest) e loxística (Greenalia Logistics). A compañía portuguesa é socia da galega no proxecto Gama, co que buscan instalar a factoría en Palas de Rei actualmente pendente dos informes ambientais da Xunta, que o avala a través da sociedade Impulsa Galicia. "Con esta adquisición, Altri reforza a súa presenza en Galicia", di a empresa a través dun comunicado, no que especifica que prevé culminar a operación -da que non revela o importe- neste trimestre, unha vez acreditado que cumpre as "condicións previas" que son "comúns en transaccións desta natureza". Na imaxe, planta de biomasa de Greenalia [©Greenalia]
Terbutalina anuncia unha pausa indefinida e despedirase dos escenarios o vindeiro 22 de febreiro no Emigrasons en Bruxelas. A banda de Esteiro di adeus cun último tema, Bicos.
O novo plan eólico será elaborado por unha consultora á que a Xunta está disposta a pagar 780.000 euros durante tres anos. A adxudicataria deberá preparar o groso da documentación, incluídas propostas de resposta ás alegacións da cidadanía, e o Goberno galego terá a decisión final.
O deputado do PP que negou ter "constancia" de mortes de presos no campo de concentración de San Simón descúlpase e atribúeo a un "malentendido". "Sei e recoñezo publicamente que na Illa de San Simón morreron moitos represaliados, uns por fusilamentos, outros por falta de alimentos e outros por enfermidade", evidencia agora José Luis Ferro, quen asegura que só se refería a "fusilamentos masivos".
A viguesa Susana Rodríguez Gacio é a atleta do ano 2024 para o Comité Paralímpico Europeo. A entidade distínguea como atleta feminina do ano pasado "onde revalidou a súa actuación nos Xogos de París 2024 e levou novamente a medalla de ouro en Para Triatlón Feminino PTVI". [📸@europaralympic]
Stellantis adxudica a Vigo e Zaragoza un novo modelo de coche eléctrico do segmento B "grazas á súa competitividade, saber facer, clima social e o apoio das administracións públicas".