Terbutalina anuncia unha pausa indefinida e despedirase dos escenarios o vindeiro 22 de febreiro no Emigrasons en Bruxelas. A banda de Esteiro di adeus cun último tema, Bicos.

Terbutalina anuncia unha pausa indefinida e despedirase dos escenarios o vindeiro 22 de febreiro no Emigrasons en Bruxelas. A banda de Esteiro di adeus cun último tema, Bicos.
O novo plan eólico será elaborado por unha consultora á que a Xunta está disposta a pagar 780.000 euros durante tres anos. A adxudicataria deberá preparar o groso da documentación, incluídas propostas de resposta ás alegacións da cidadanía, e o Goberno galego terá a decisión final.
O deputado do PP que negou ter "constancia" de mortes de presos no campo de concentración de San Simón descúlpase e atribúeo a un "malentendido". "Sei e recoñezo publicamente que na Illa de San Simón morreron moitos represaliados, uns por fusilamentos, outros por falta de alimentos e outros por enfermidade", evidencia agora José Luis Ferro, quen asegura que só se refería a "fusilamentos masivos".
A viguesa Susana Rodríguez Gacio é a atleta do ano 2024 para o Comité Paralímpico Europeo. A entidade distínguea como atleta feminina do ano pasado "onde revalidou a súa actuación nos Xogos de París 2024 e levou novamente a medalla de ouro en Para Triatlón Feminino PTVI". [📸@europaralympic]
Stellantis adxudica a Vigo e Zaragoza un novo modelo de coche eléctrico do segmento B "grazas á súa competitividade, saber facer, clima social e o apoio das administracións públicas".
Lucas Pérez abandona o Deportivo da Coruña. O coruñés, capitán e símbolo do club, deixa o equipo branquiazul por motivos persoais e diferenzas coa entidade, logo de regresar hai dous anos desde Primeira División e acadar o ascenso ao fútbol profesional a pasada tempada. O futbolista pecha a súa carreira no Dépor con 172 partidos, 62 goles e 53 asistencias en tres etapas diferentes.
Falece o presentador da TVG e colaborador da Radio Galega Xosé Manuel Piñeiro, segundo vén de comunicar o programa Galicia por Diante. Superpiñeiro apartouse dos medios no ano 2018 para someterse a un primeiro tratamento do cancro que padecía e, desde entón, reapareceu en diferentes ocasións en programas como Luar ou o propio Galicia por Diante. [📸 Radio Galega]
O Goberno de España lanza a reforma da Lei do Poder Xudicial que "blinda" as bolsas para a poboación de renda baixa que prepare oposicións á xudicatura, converte o Centro de Estudos Xurídicos do Ministerio nun "centro público de preparación" destas probas e veta o financiamento privado para as asociacións de xuíes e xuízas. "Bolsas de 1.300 euros ao mes durante catro anos, centro público de preparación, exames escritos, mellora da carreira profesional e máis xuíces e fiscais", resume o ministro Félix Bolaños para defender o anteproxecto. [Imaxe: © Pool Moncloa/José Manuel Álvarez]
Trump dedicará os seus primeiros decretos a "pechar" a fronteira con México mediante a despregadura de militares. A medida formará parte de dez medidas máis inmediatas sobre a inmigración. Foto: CC-BY-SA Gage Skidmore.
Rueda rexeita corrixir o seu deputado que negou mortes en San Simón: "Este tipo de debates hai que deixárllelo aos historiadores". Tras esa primeira resposta, o presidente, repreguntado no Consello da Xunta sobre os historiadores que xa certificaron centos de mortes no campo de concentración, evita polemizar: "Non teño ningunha dúbida de que en San Simón houbo represión, pero entrar no debate concreto do número de vítimas teñen que ser os historiadores".