Trump dedicará os seus primeiros decretos a "pechar" a fronteira con México mediante a despregadura de militares. A medida formará parte de dez medidas máis inmediatas sobre a inmigración. Foto: CC-BY-SA Gage Skidmore.

Trump dedicará os seus primeiros decretos a "pechar" a fronteira con México mediante a despregadura de militares. A medida formará parte de dez medidas máis inmediatas sobre a inmigración. Foto: CC-BY-SA Gage Skidmore.
Rueda rexeita corrixir o seu deputado que negou mortes en San Simón: "Este tipo de debates hai que deixárllelo aos historiadores". Tras esa primeira resposta, o presidente, repreguntado no Consello da Xunta sobre os historiadores que xa certificaron centos de mortes no campo de concentración, evita polemizar: "Non teño ningunha dúbida de que en San Simón houbo represión, pero entrar no debate concreto do número de vítimas teñen que ser os historiadores".
Donald Trump regresa este luns á presidencia dos EUA. Faino con máis poder que no seu anterior mandato, cun poder xudicial máis á súa medida e o lexislativo ao seu favor. A súa volta á Casa Branca impulsa a internacional reaccionaria en todo o mundo, tamén en Europa, dende onde o mandatario electo convocou á súa toma de posesión convidados como Santiago Abascal, líder da extrema dereita de Vox. Na imaxe, Trump nunha cimeira da OTAN durante a súa anterior presidencia [CC BY-NC-SA NATO]
Remuda na presidencia de Telefónica, que dirixirá o ata agora presidente da semipública Indra, Marc Murtra. O nomeamento chega co impulso do Estado, que é agora a través da Sociedad Estatal de Participaciones Industriales (SEPI) o principal accionista da noutrora empresa pública co 10% das accións seguido por Criteria (Caixabank), que ten un 9,9%. O cesamento do ata agora presidente da compañía, José María Álvarez-Pallete, cuxo mandato finalizaba este ano, realízase de acordo entre estes dous principais accionistas e tamén coa saudí STC, cuxa entrada en Telefónica precipitou en 2023 a reentrada estatal nesta compañía estratéxica. Pallete estaba ao mando dende 2016 co impulso do anterior presidente, César Alierta, que chegara ao cargo no 2000 avalado polo Goberno de España na etapa de Aznar, que culminara a privatización da empresa tres anos antes. O PP ataca o nomeamento por considerar que supón "colonizar" unha "empresa privada" no marco dunha "deriva antidemocrática". Na imaxe, o novo presidente de Telefónica, Marc Murtra [© Telefónica]
Gaitas galegas para o himno catalán. O grupo de gaitas da Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, de Cornellà de Llobregat, interpreta Els segadors durante unha visita celebrada este sábado ao Parlament de Catalunya dentro do programa da institución para dar a coñecer o seu funcionamento e historia. O presidente do lexislativo catalán, Josep Rull, comparte o vídeo a través das redes sociais para destacar o que, di, foi "un dos momentos máis emotivos" que leva vivido dende que asumiu o cargo.
Falece aos 92 anos Bernardino Graña, o poeta do mar e do amor. [Imaxe: © Xosé Castro / Arquivo RAG]
O Supremo dos EUA avala a prohibición de TikTok a partir do vindeiro domingo. O tribunal dá o visto e prace á lei que permitiría suspender as operacións da rede social no país por non desvincularse da súa matriz, a chinesa ByteDance.
A dirección do PSOE suspende ano e medio de militancia o voceiro socialista en Santiago, Gonzalo Muíños, segundo adianta a Cadena SER. Conclúe así o expediente precipitado pola dirección local do partido despois de que o grupo municipal apoiase a ordenanza que concluíu a nova regulamentación dos pisos turísticos na cidade contra o criterio da Executiva. A resolución chega apenas tres días despois de que o PSdeG municipal acordase co goberno de BNG e CA os Orzamentos de 2025, nos que os votos dos actuais edís socialistas son indispensables. Na imaxe, Muíños este pasado xoves no pleno sobre o estado do Concello [Grupo Municipal Socialista Santiago].
"Se pides a axuda en árabe chega antes": O PP utililiza o xenocidio en Gaza para mofarse de Pedro Sánchez. Os conservadores contrapoñen nas redes sociais un suposto trato máis favorable do Goberno de España á poboación gazatí que á valenciana tras as riadas de outubro, afirmando que o gabinete de Sánchez aínda non activou un mecanismo de axudas da Unión Europea malia non ser certo
Milleiros de persoas mobilízanse en Vigo en demanda dunha área sanitaria "100% pública e de calidade". A manifestación convocada por SOS Sanidade Pública clama por "menos inventos e máis investimentos" e pide "reconstruír" e "dotar dos recursos humanos e materiais necesarios" a área sanitaria viguesa.