Falece aos 92 anos Bernardino Graña, o poeta do mar e do amor. [Imaxe: © Xosé Castro / Arquivo RAG]
- OBITUARIO | Bernardino Graña, poeta do mar e do amor

Falece aos 92 anos Bernardino Graña, o poeta do mar e do amor. [Imaxe: © Xosé Castro / Arquivo RAG]
O Supremo dos EUA avala a prohibición de TikTok a partir do vindeiro domingo. O tribunal dá o visto e prace á lei que permitiría suspender as operacións da rede social no país por non desvincularse da súa matriz, a chinesa ByteDance.
A dirección do PSOE suspende ano e medio de militancia o voceiro socialista en Santiago, Gonzalo Muíños, segundo adianta a Cadena SER. Conclúe así o expediente precipitado pola dirección local do partido despois de que o grupo municipal apoiase a ordenanza que concluíu a nova regulamentación dos pisos turísticos na cidade contra o criterio da Executiva. A resolución chega apenas tres días despois de que o PSdeG municipal acordase co goberno de BNG e CA os Orzamentos de 2025, nos que os votos dos actuais edís socialistas son indispensables. Na imaxe, Muíños este pasado xoves no pleno sobre o estado do Concello [Grupo Municipal Socialista Santiago].
"Se pides a axuda en árabe chega antes": O PP utililiza o xenocidio en Gaza para mofarse de Pedro Sánchez. Os conservadores contrapoñen nas redes sociais un suposto trato máis favorable do Goberno de España á poboación gazatí que á valenciana tras as riadas de outubro, afirmando que o gabinete de Sánchez aínda non activou un mecanismo de axudas da Unión Europea malia non ser certo
Milleiros de persoas mobilízanse en Vigo en demanda dunha área sanitaria "100% pública e de calidade". A manifestación convocada por SOS Sanidade Pública clama por "menos inventos e máis investimentos" e pide "reconstruír" e "dotar dos recursos humanos e materiais necesarios" a área sanitaria viguesa.
Morre aos 78 anos David Lynch, autor de filmes como O home elefante, Veludo azul, Estrada perdida, Mulholland Drive ou Unha historia verdadeira, e da serie Twin Peaks. Imaxe: hicns (CC-BY-NC)
20.000 minutos de contidos en galego. Exército Mekemeke, IagoRAW ou O Faiado Podcast, finalistas dos Premios Youtubeiras+. Toda a información, en VINTE
Gonzalo Caballero confirma que non se presentará ás primarias pola secretaría xeral do PSdeG. A menos de vinte e catro horas de que expire o prazo de presentación de precandidaturas, todo apunta xa a que José Ramón Gómez Besteiro non terá rivais internos para continuar como líder dos socialistas galegos no Congreso Nacional que o partido celebra o vindeiro marzo. Caballero, que liderou a formación de 2017 a 2021, asegura que segue vendo "necesario e inevitable o cambio no PSdeG" pero observa "un tapón" de apoios á "candidatura do aparato".
Morre Jesús Pérez Varela, responsable de Comunicación e conselleiro de Cultura nos gobernos de Fraga, dende os que foi clave no proxecto da Cidade da Cultura. [Imaxe: © CCG]
A burelista Emilly Marcondes, escollida mellor xogadora de fútbol sala do mundo en 2024. A xogadora brasileira do Burela FS foi a gañadora na vixésimo quinta edición dos Jako Futsal Awards, que organiza a publicación Futsal Planet. Xa en 2022 unha xogadora do club mariñao, Patricia González Peque, recibira este premio. Outra xogadora o actual plantel laranxa, Cilene Pereira, tamén o recibiu en 2008, cando xogaba no Jaguaré do Brasil. [Imaxe: © Sabela Blanco / Burela FS]