Gonzalo Caballero confirma que non se presentará ás primarias pola secretaría xeral do PSdeG. A menos de vinte e catro horas de que expire o prazo de presentación de precandidaturas, todo apunta xa a que José Ramón Gómez Besteiro non terá rivais internos para continuar como líder dos socialistas galegos no Congreso Nacional que o partido celebra o vindeiro marzo. Caballero, que liderou a formación de 2017 a 2021, asegura que segue vendo "necesario e inevitable o cambio no PSdeG" pero observa "un tapón" de apoios á "candidatura do aparato".
