A Diocese Tui-Vigo permitiu e publicitou unha homenaxe a un cura acusado de pederastia, segundo revela El País. A homenaxe a Manuel Rodríguez Hermelo tivo lugar o 19 de decembro na parroquia de Santa Marta, en Pontevedra, da que foi sacerdote entre 1994 e 2021, e a diocese deu conta dos actos na súa web e redes sociais, publicacións que foron borradas despois da consulta do xornal. O crego está acusado por abuso de menores por un exalumno do Seminario Menor de Tui entre 1969 e 1971, un caso que estaría prescrito para a xustiza.
