A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, someterase a unha cuestión de confianza se, como todo apunta, o Goberno local do PSdeG non chega a un acordo co BNG para aprobar os Orzamentos de 2025. Condicionar as contas municipais a unha cuestión de confianza implica que, se no prazo dun mes dende o eventual resultado negativo da votación a oposición non formula unha moción de censura cunha alcaldía alternativa, o orzamento fica aprobado. O Bloque coruñés vén sinalando incumprimentos do pacto orzamentario de 2024 como a razón de non asinar un novo.
