Trump volve ameazar con accións imperialistas contra Panamá e Groenlandia. Ás portas de regresar á presidencia dos EUA, o magnate republicano asegura non desbotar accións militares contra ambos territorios se os gobernos panameño e dinamarqués non acceden ás súas pretensións de incorporar o canal e a illa a territorio estadounidense. [Imaxe: CC-BY-SA Gage Skidmore]
