Refachos de vento superiores aos 130 quilómetros por hora en puntos da Mariña e da Costa da Morte nas primeiras horas deste mércores, marcadas tamén polas fortes chuvias. MeteoGalicia ten activa a alerta amarela por vento en toda Galicia e por precipitacións nas provincias da Coruña e Pontevedra, así como en puntos do interior ourensán. A alerta é laranxa por ondas de ata 7 metros en toda a costa agás na Mariña, onde é amarela. O paso desta fronte polo país prodúcese na xornada na que se reinicia a actividade escolar.
