O adestrador de fútbol sala e deputado do PP Pablo Prieto, único candidato para remudar a Rafael Louzán como presidente da Federación Galega de Fútbol tras a súa marcha á Federación Española. Prieto, O ata agora vicepresidente da entidade federativa será proclamado novo presidente unha vez ratificado o vindeiro día 16 que non existen recursos contra a súa candidatura. Prieto, que xa fora concelleiro en Narón entre 2011 e 2014, foi o candidato número 17 na lista do PP pola Coruña nas eleccións galegas de 2024 e incorporouse ao Parlamento en xuño dese ano, tras as saídas doutros deputados para ocupar cargos na Xunta. No eido futbolístico adestrou equipos coma O Parrulo de Ferrol, o Ázkar Lugo ou o Sevilla, así como a selección de Libia e dous equipos nos Emiratos Árabes, o Al Wahda e mais o Al Nasr. Unha vez proclamado como presidente da Federación deberá abandonar o seu escano, dado o réxime de incompatibilidades existente na Cámara galega.